Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 299/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 26 de marzo de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 299/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Vicente Pérez Castrillón.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Vicente Pérez Castrillón, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que asiste para interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle ó seu dereito a consulta-lo expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cuenta contable 840. Código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de abril de 2003.

Jorge Suánzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente 299/2002.

Denunciado: Vicente Pérez Castrillón.

DNI/NIF: 32568060-Z.

Último enderezo coñecido: Paseo da Mariña, nº 1-1º, Ferrol.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de manipulación de alimentos.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1.1; 2.2 e 3.3.6 do R.D. 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e o R.D. 202/2000 polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 90,15 euros. Noventa euros con quince céntimos.