Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de restauración, acondicionamento, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís da provincia de Lugo.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Nº de expediente: 11/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación do servicio de restauración, acondicionamento, mantemento e limpeza do albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín) e do campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo).

b) Prazo de execución: desde o día 24 de xuño ata o 10 de setembro, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución: cento oitenta e sete mil setecentos cincuenta e cinco euros (187.755). 9,62 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 3.675 prazas no albergue xuvenil Benigno Quiroga e 15.840 prazas no campamento xuvenil A Devesa.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70-2º baixo.

c) Localidade: Lugo 27071.

d) Teléfono: 982 29 41 01.

e) Telefax: 982 29 44 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2508.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupos 1 y 6, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira: que se acreditará por calquera medio dos establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Solvencia técnica ou profesional: que se acreditará por calquera medio dos establecidos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, 70-baixo, 27071 Lugo.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982 29 44 43) ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 80 Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 70-2º baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 11 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 8 de maio de 2003.

P.D. (Orden 14-3-2003)

Coro Piñeiro Vázquez

Delegada provincial de Lugo