1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: obra de tratamentos silvícolas en montes conveniados dos concellos da Lama, Ponte Caldelas, Marín e Moaña do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés, da provincia de Pontevedra.
2.2. Prazo de execución: dez meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: douscentos trinta e un mil oitocentos sesenta e catro euros con oitenta céntimos (231.864,80 A).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: 4.637,30 A.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: 9.274,60 A.
7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2468
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a seguir se relacionan:
-No punto Asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 12 que se publican nesta mesma data, de obras de tratamentos silvícolas en: 2 concellos distrito forestal XVII - O Condado-A Paradanta; distrito forestal XVIII Baixo Miño; concello de Crecente distrito forestal XVII O Condado A Paradanta; distrito forestal O Deza-Tabeirós; distrito forestal XIX Caldas-O Salnés; podas no termo municipal de Begonte, Guitiriz e Vilalba; distrito forestal da Limia; podas no termo municipal do Incio, Monterroso, Portomarín e Sarria; distrito forestal XIV Verín-Viana; podas en Bóveda, O Courel, Chantada, A Pobra do Brollón e Quiroga; rozas nas Nogais e rozas en Carballedo, O Courel, Chantada, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas,
referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.
10. Apertura da documentación xeral (sobres A).
Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Apertura das ofertas.
Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral,
no lugar sinalado no punto 9.3., se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.
P.D. (Orde 29-1-2003)
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

