De conformidade co establecido na Orde do 7 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación do servicio consistente na organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó reximen especial do mar na provincia de Pontevedra.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na rúa Concepción Arenal, nº 8-2ª planta.
c) Nº de expediente: 1/2003.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: organización dunha colonia infantil de verán para os fillos dos asegurados ó rexime especial do mar na provincia de Pontevedra.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: no territorio nacional.
d) Data: 16 ó 31 de xullo de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: procedemento aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 42.912,42 A (corenta e dous mil novecentos doce euros con corenta e dous céntimos).
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: a documentación e información proporcionarase na Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra.
b) Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8-2ª planta.
c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.
d) Teléfono: 986 81 76 33 e 986 81 76 31.
e) Fax: 986 81 72 01.
f) Data límite de obtención de documentos e información: tódolos días laborais excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase en calquera dos medios previstos no artigo 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto nº 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra.
2. Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8.
3. Localidade e código postal: Vigo, 36201.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
b) Domicilio: rúa Concepción Arenal, nº 8-2ª planta.
c) Localidade: Vigo.
d) Data: décimo día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas.
e) Hora: 10 horas.
10. Outras informacións: non.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Vigo, 5 de maio de 2003.
P.D. (Orde 7-2-2003)
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

