Para os efectos do previsto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese a información pública o estudio de efecto ambiental do devandito proxecto durante un período de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia, poida examinalo en horas hábiles de oficina nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza Camilo Díaz Valiño, 7-9), nas oficinas da Demarcación Sur (rúa Urzáiz, 18), na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental na Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro) e nas dependencias do Concello de Rodeiro.
De consideralo oportuno, as devanditas persoas poderán formular cantas observacións estimen pertinentes, dirixidas á Presidencia de Augas de Galicia durante o período de exposición pública.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2003.
P.D. (Resolución 9-4-2003)
Emilio García Gallego
Director xeral do organismo autónomo Augas
de Galicia

