Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 12 de maio de 2003, da Área de Explotación e Planificación, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador coa clave 51/2002, devolta polo servicio de correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do expediente sancionador que se cita, por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio e policía dos portos aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examina-lo expediente nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo, DOG nº 228, do 28 de novembro), e, en virtude do disposto na resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 15 de febreiro do 2002 pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídco das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se designa un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que posúe o director, posto actualmente vacante, é o xefe da Area de Planificación e Explotación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 0049-6755-64-2116034531

do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.

Jesús J. Fdez. Barro

Instructor xefe U. III Área de Explotación e

Planificación

ANEXO

Expediente: sanc. 51/02.

Matrícula: C-5724-CF.

Denunciante: celador garda-peiraos do porto de Ribeira.

Denunciado: Francisco Javier Gude Sanlés.

Último enderezo coñecido: r/ Pardo Bazán, 6, 15960 Ribeira (A Coruña).

Feito denunciado: estacionamento prohibido.

Data: 11-3-2002.

Hora: 12.15 horas.

Porto: Ribeira.

Precepto infrixido: artigo 114.1º a) Lei 27/1992. Artigo 17 O.M. do 15-6-1976.

Precepto sancionador: artigo 120.1º Lei 27/1992.

Sanción proposta: 90,15 euros.