1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 200/2003.
2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: servicio de cafetaría-comedor de diversos centros da Universidade de Vigo. b) División por lotes e número: dous lotes: lote 1: EUET Forestal (Pontevedra), lote 2: Facultade Filoloxía e Traducción (As Lagoas-Marcosende). c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Canon de explotación: o importe total anual para cada lote é de 150 euros.
5. Garantías: a) Provisional: non se esixe. b) Definitiva: 6.000 euros.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Fax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no de prescricións técnicas.
8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Oporto, 1 planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 8 de maio de 2003.
P.D. (RR 14-6-2002)
Augusto Viso Alonso
Xerente da Universidade de Vigo

