Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTAS

ANUNCIO.

Aprobados polo Pleno, en sesión do 25 de abril de 2003, os pregos de cláusulas económico-administrativas que rexerán a contratación polo sistema de concurso mediante procedemento aberto, e con trámite de urxencia das obras de dotación de servicios na variante de Portas, exponse ó público polo prazo de catro días contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG para efectos de exame e reclamacións.

Ó mesmo tempo, anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazaría no suposto de que formulen reclamacións contra o prego.

Entidade adxudicataria: Concello de Portas. Rapeira 1 C, 36658 Portas. Telf.: 986 53 61 61. Fax: 986 53 63 48.

Obxecto: dotación de servicios básicos na variante de Portas.

Orzamento: 464.595 euros.

Financiamento:

Anualidade 2003: 200.000 euros.

Anualidade 2004: 264.595 euros.

Duración do contrato: 6 meses.

Modalidade de execución: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Clasificación do contratista:

-Grupo:EE-Subgrupo:13-Categoría:cc

Publicidade dos pregos: os licitadores poderán examinalos tódolos días hábiles na secretaría do concello.

Gastos de anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: na secretaría do concello, de 10 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello, ás 13 horas do terceiro día seguinte hábil ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, considerándose o sábado día inhábil.

Portas, 28 de abril de 2003.

Roberto Vázquez Souto

Alcalde