Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 24 de marzo de 2003, aprobou o proxecto de compensación do Plan Especial de Reforma Interior número 10 (PERI-10) O Burgo das Nacións-Finca de Lois, promovido pola mercantil Hotel Obradoiro, S.A.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde