Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Erminde.
Situación: Abegondo.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea núa a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,41 km, coa orixe na L.M.T.A., C.R. Cesuras, entre C.T. Sarandóns (expediente 27332) e C.T. Figueroa (expediente 50149), conductor tipo LA 56/54,6 mm, e final con C.T. proxectado.
Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.
Liña de baixa tensión aérea, coa orixe no C.T. proxectado, de 0,13 km, de lonxitude, con conductor R.Z. e apoios de formigón. Concello de Abegondo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e
presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 3 de abril de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

