Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican os acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos AC-EP 196/2003 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que de seguido se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Número de expediente: AC-EP 196/2003.

Denunciado: Macer-Curtis S.L. (CIF. B-15453970).

Enderezo: Campo da Feira, Ordes.

Establecemento: Mueve Mueve.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

Número de expediente: AC-EP 250/2003.

Denunciado: M. M. Vázquez Miño S.L. ( CIF B-15645179).

Enderezo: Campo da Feira, Ordes.

Establecemento: Cosmos.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

Número de expediente: AC-EP 289/2003.

Denunciado: Complejo Loures S.L.

(CIF B-27257054).

Enderezo: Montesalgueiro, Aranga.

Establecemento: Atlantic Club.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

Número de expediente: AC-EP 302/2003.

Denunciado: Morgana House Club, S.L.

(CIF B-15856917).

Enderezo: Rúa Cantábrico, nº 16, A Coruña.

Establecemento: Discoteca Joy Eslava.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: ata 300,51 euros.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior e secretaria a María del Mar Ferreiro Broz, posto base do grupo B, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRJPAC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contado desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993-; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictado resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRJPAC.

Informámoslle igualmente que a tramitación do expediente realízase nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sita en Fernando Macías 18-1º, da Coruña.

A Coruña, 25 de abril de 2003.

Manuel L. Silva Constenla

Delegado provincial da Coruña