Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 15 de xaneiro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á inciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Costa, a favor dos veciños de Santián, no concello de Maside (Ourense).

Advertido erro no devandito edicto, publicado no DOG nº 60, do 26 de marzo de 2003, cómpre face-las seguintes correccións:

No encabezamento do edicto, onde di: «Concello de Maside (Ourense)», debe dicir: «nos concellos de Maside e O Carballiño (Ourense)».

Na páxina 3.743, columna da dereita, parágrafo 1 onde di: «concello: Maside (Ourense)», debe dicir: «concellos: Maside e O Carballiño (Ourense)».

Na páxina 3.743, columna da dereita, parágrafo 3, onde di: «Concello: Maside (Ourense)», debe dicir: «Concellos: Maside e O Carballiño (Ourense)».

Na páxina 3.743, columna da dereita, parágrado 5, onde di: «Comunidade propietaria: Santián (parroquia de Amarante)», debe dicir: «Comunidade propietaria: Santián (parroquia de Amarante-Concello de Maside)».

Na páxina 3.744, na columna da dereita, antes do parágrafo 1, onde di: «Iníciase a apertura ...», debe dicir: «Superficie do monte dentro do concello do Carballiño 4,62 ha, e coas estremas:

Norte: José Álvarez Latón.

Sur: cerrume cun valado de pedra que pecha a propiedade particular de Manuel Cabo Campo; gabia e marcos que separan este monte co comunal de Montegrande.

Leste: parcela do mesmo monte dentro do concello de Maside.

Oeste: cerrume cun valado de pedra que pecha as propiedades particulares de Ernesto Presas Rodríguez, José Ramón Álvarez Fernández, Antonio López Fernández, Elena Nogueira Crespo, Josefina Salgado Fernández.

Superficie do monte dentro do concello de Maside 2,78 ha e coas extremas:

Norte. Estrada local do Carballiño ó Trevoedo e cerrume cun valado de pedra que pecha a propiedade particular de Avelino González Torres, Carmen López Rodríguez, José Álvarez Latón, Teresa Varela Pérez, Julio González, Delia Salgado Fernández e Luisa Rodríguez Rodríguez.

Sur e leste: gabia, valados de pedra e marcos que delimitan as propiedades privadas de Ángel Varela, Jesús Campos, José Álvarez Campos, José Benito Rodríguez, Celso Varela e Avelino Álvarez Campos.

Oeste: parcela do mesmo monte dentro do concello do Carballiño».