O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53.1º, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do domicilio social da cooperativa. Na súa virtude,
RESOLVO:
Dispoñe-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, da variación do domicilio social, da entidade Cantón Sociedad Cooperativa Gallega de Viviendas, acordada na asemblea xeral do día 30-1-2003, para a r/ Curros Enríquez nº 43-local 5, A Coruña.
A Coruña, 28 de marzo de 2003.
Elisa Madarro González
Delegada provincial da Coruña

