De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:
«1º Expediente de procedemento: FM 343B
2001/1316-5.
Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).
Interesado: Francisco J. Uruburo Somoza.
Enderezo: Gran Vía, 5-2ºB, 36204 Vigo (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 10-5-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 11 de setembro de 2002.
Parte dispositiva da resolución:
RESOLVE:
1. Concederlle a Francisco J. Uruburo Somoza, a axuda e subvención pola contratación indefinida dun traballador na contía seguinte:
Axuda pola transformación dun contrato de duración determinada ou temporal en indefinido, por un importe total de 3005,06 euros.
2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base doce do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:
-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.
-Certificado de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.
-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvencións das distintas administracións públicas.
-Declaración da condición de PEME.
-Alta no imposto de actividades económicas. No seu defecto, declaración por parte do representante legal da data de inicio da actividade.
-TC1 e 2, dos meses seguintes: xullo/2002, abril/2001, novembro/2001 e decembro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).
3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou acorde co solicitado procederase, segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 10 e 11 da orde de convocatoria).
4. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas no artigo 9 e na base décimo terceira do anexo B da orde reguladora.
Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta reso
lución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 11 de setembro de 2002. P.D. Delegado provincial de Pontevedra. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 7 de abril de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

