Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 7 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 14 de outubro de 2002, de concesión de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo FM 343G 2001/606-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:

«1º Expediente de procedemento: FM 343G 2001/606-5.

Orde de convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Interesado: Instalación Aixolas, S.L. Laboral.

Enderezo: avda. Martínez Garrido, 49, 36205 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 27-4-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 14 de outubro de 2002.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

1. Conceder a Instalación Aixolas, S.L. Laboral, as axudas e subvencións con orixe no plan de incre

mento da estabilidade laboral, por unha contía de 10.818,22 euros, pola contratación de dous traballadores, acadando unha taxa de estabilidade de 66,67%.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 13 da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Documentos TC2, correspondentes ás seguintes mensualidades: decembro 2000, xullo e setembro de 2001.

-Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración complementaria da establecida no artigo 9.4º da orde de convocatoria, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes con outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións.

-Declaración da condición de PEME.

3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou acorde co solicitado, procederase, segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigo 17 da orde de convocatoria).

4. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación recollidas nos artigos 15 e 16 da orde de convocatoria.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 14 de outubro de 2002. P.D. Delegado provincial de Pontevedra. Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 7 de abril de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra