De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:
«1º Expediente de procedemento: FM 343B 2001/1260-5.
Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).
Interesado: Benito Iglesias Martínez.
Enderezo: CM Pozos, 6, baixo, 36209 Vigo (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 10-5-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 23 de setembro de 2002.
Parte dispositiva da resolución:
RESOLVE:
1. Conceder a Benito Iglesias Martínez, a axuda e subvención pola contratación indefinida dun traballador na contía seguinte:
Axuda pola contratación indefinida dun traballador maior de 45 anos e dos parados cun tempo de permanencia en desemprego igual ou superior a seis meses, por un importe total de 2.404,05 euros.
2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base doce do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:
-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.
-Certificado de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.
-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.
-Declaración da condición de PEME.
-TC1 e 2, dos meses seguintes: xullo/2002, abril/2001, novembro/2001 e decembro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).
3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase, segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 10 e 11 da orde de convocatoria).
4. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas no artigo 9 e na base décimo terceira do anexo B da orde reguladora.
Notifíquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 23 de setembro de 2002. P.D. Delegado provincial de Pontevedra. Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 7 de abril de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

