De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida de traballadores en risco de exclusión social do expe
diente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:
«1º Expediente de procedemento: FM 343C 2001/3-5.
Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).
Interesado: Tesuri Vigo, S.L.
Enderezo: Alfonso XIII, 40, 36201 Vigo (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 10-5-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 10 de setembro de 2002.
Parte dispositiva da resolución:
ACORDA:
1. Conceder a Tesuri Vigo, S.L., a axuda pola contratación indefinida dun traballador en risco de exclusión social, que se relaciona no ordinal segundo dos precedentes fundamentos, por un importe total de 4.507,59 euros.
2. O pagamento destas axudas e subvencións queda condicionado á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles contados desde esta notificación, da seguinte documentación:
-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.
-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.
-Certificado de non ter contraídas débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.
-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.
De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase, segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigo 10 e 11 e base 7ª do anexo C da orde de convocatoria).
3. Así mesmo, lémbraselle á beneficiaria do necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación contempladas no artigo 9 e na base 8ª do anexo C da orde de convocatoria.
Notifíquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da notificación
desta resolución, ante a delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 10 de setembro de 2002. P.D. Delegado provincial de Pontevedra. Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 7 de abril de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

