De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:
«1º Expediente de procedemento: FM 343G 2001/858-5.
Orde de convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).
Interesado: Galmetopa, S.L.
Enderezo: A Venda Nova-San Xurxo, s/n, 36473 Salceda de Caselas (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 27-4-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 20 de novembro de 2002.
Parte dispositiva da resolución:
ACORDA:
1. Denegar a Galmetopa, S.L., a axuda solicitada pola contratación de Nicolás Pérez Villaverde, dado que o traballador non estaba inscrito como demandante de emprego no Servicio Público de Emprego na data de inicio da relación laboral indefinida, polo
que a súa contratación non está incluída no ámbito de aplicación das axudas previstas no artigo 2.2º a).
2. Conceder a Galmetopa, S.L. as axudas e subvencións con orixe no plan de incremento da estabilidade laboral, por unha contía de 18.030,36 euros, pola contratación de tres traballadores, acadando unha taxa de estabilidade de 100%.
3. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 13 da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:
-Documentos TC2, correspondentes ás seguintes mensualidades: setembro de 2001.
-Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de que non teñen pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
-Declaración complementaria da establecida no artigo 9.4º da orde de convocatoria, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes con outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións.
-Declaración da condición de PEME.
4. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase, segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigo 17 da orde de convocatoria).
5. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación contempladas nos artigos 15 e 16 da orde de convocatoria.
Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 20 de novembro de 2002. P.D. Delegado provincial de Pontevedra. Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Pro
vincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 7 de abril de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra
CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,
ECONÓMICO-FINANCEIRA
E CONTABLE

