Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo no exercicio 2003.

Asistencia técnica para a área de sistemas e explotación en quenda de mañá, e outra en quenda tarde-noite, no exercicio 2003, con destino ó CIXTEC (anticipado de gasto).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 35/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a área de sistemas e explotación en quenda de mañá, e outra en quenda tarde-noite, no exercicio 2003, con destino ó CIXTEC.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto, urxente.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e seis mil novecentos noventa e dous euros (76.992 A) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 28 de febreiro de 2003.

b) Contratista: Altia Consultores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sesenta e tres mil novecentos trinta e seis euros (63.936 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable