O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente, por maioría absoluta do número legal de membros da corporación, o estudio de detalle promovido pola entidade Cemipimaqui, S.L. para o reaxuste de alineacións e ordenación de volumes dun predio sito na praza de Santo Antonio do porto de Espasante, de conformidade co proxecto redactado pola arquitecta Elia Estraviz Prado.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, se ben previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recuro de reposición, o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
Ortigueira, 19 de abril de 2003.
Antonio Campo Fernández
Alcalde

