Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-409).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria de data 3 de marzo de 2003, acordou aprobar definitivamente o Plan Parcial do SUNP B-29-R O Vieiro, no Seixal-Nós (Oleiros).

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidad cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2º do mesmo artigo 118, todo isto sen prexuí

zo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 13 de marzo de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa presidenta