O Concello de Muros anuncia a licitación do contrato de concesión de locais de dominio público municipal situado na Atalaia para destinalos ós servicios de tanatorio e/ou velatorio.
1. Enderezo do adxudicador: Concello de Muros, Curro da Praza nº 1, 15250 Muros (A Coruña). Teléfono: 981 82 60 50. Fax: 981 76 22 57.
2. Obxecto: adaptación de locais e explotación de tanatorio/velatorio na Atalaia. Prazo de execución de obras: seis meses. Prazo máximo de concesión: 50 anos.
3. Adxudicación: aberta mediante concurso.
4. Investimento mínimo en obras: 175.000 A.
5. Garantía provisoria: 3.500 A.
6. Obtención de documentación e información: no enderezo sinalado.
7. Presentación de ofertas. Prazo: trece días naturais contados da última publicación oficial. Lugar: enderezo sinalado. Documentación: indicada na cláusula 16 do prego de condicións.
8. Apertura de ofertas: quinto día seguinte ó de remate de presentación de proposicións, ás 13 horas na casa do concello.
Muros, 10 de abril de 2003.
Celestino Formoso Vidal
Alcalde

