A Comisión de Goberno, na sesión do 23 de abril de 2003, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a redacción do proxecto e a execución das obras de construcción de tumbas na zona ampliada do cemiterio municipal de San Froilán. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a redacción do proxecto e a execución das obras de construcción de tumbas na zona ampliada do cemiterio municipal de San Froilán.
b) Prazo de execución: nove meses. Non obstante, o prazo virá determinado no proxecto.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: o importe total do contrato é de 450.000 euros, que comprenderá a redacción do proxecto e a execución das obras; non obstante o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.
5. Garantías.
Provisional: 9.000 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Rolda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría c).
b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben no lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Rolda da Muralla, 197.
3ª Localidade e código postal: Lugo 27002.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Rolda da Muralla, 197(3ª planta).
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: 888,52 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 6 de maio de 2003.
P.D.
Fernando X. Blanco Álvarez
Tenente alcalde delegado da Área de Economía

