A Comisión de Goberno, na sesión do 23 de abril de 2003, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso para a contratación da asistencia técnica para a Central de Servicios de Proximidade, no marco do proxecto Lugo, Abrindo Camiños II. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación, consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: é a renovación da Central de Servicios de Proximidade, observándose a realización dos seguintes itinerarios de inserción:
1º Itinerario integral de inserción socio profesional para desempregados con altas taxas de paro.
2º Itinerario integral de inserción socio profesional para colectivos en situación ou risco de exclusión social.
3º Proxectos pilotos para a inserción laboral.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Tipo de licitación.
Sinálase como prezo máximo do contrato a cantidade de 199.949,34 euros, IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: 3.998,99 euros.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 8 días seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula décimo terceira do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo Oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: a apertura de plicas realizaraa, en acto público, a mesa de contratación, o terceiro día posterior ó remate (agás sábado ou festivos) do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: 831,03 euros, que serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 5 de maio de 2003.
P.D.
Fernando X. Blanco Álvarez
Concelleiro delegado da Área de Economía,
Desenvolvemento Local e Emprego

