Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de convocatoria de concurso de méritos.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión ordinaria de data 27 de febreiro de 2003, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso de méritos interno, dun posto vacante da escala de Administración especial, subescala técnica, denominación xefe de sección técnica.

No BOP nº 72, do 28 de marzo de 2003, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 9 de abril de 2003.

P.D. (Resolución alcaldía do 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Mª Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá