De conformidade coa autorización formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o acordado por esta Alcaldía, formúlase a seguinte convocatoria pública:
1. Obxecto: elección de xuíz de paz titular do Concello de Cabanas.
2. Prazo de presentación de solicitudes: quince días hábiles contados desde a data da última pubicación do anuncio no BOP ou DOG.
3. Condicións dos solicitantes: ser español, maior de idade, e non estar incurso en ningunha das causas
de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei orgánica 6/1985.
4. Documentos necesarios.
a) Instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo.
b) Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.
c) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 na súa alinea 1.a) referente a se se atopa inculpado ou procesado.
d) Declaración responsable de non estar incurso en causa de incapacidade.
e) Xustificación de méritos que alegue o solicitante, así como actividades que realiza.
5. Elección: o Pleno do Concello, co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros entre as persoas que, reunindo as condicións legais, así o soliciten. Se non houbese solicitantes, o Pleno elixirá libremente.
Cabanas, 9 de abril de 2003.
Modesta Anca Rico
Alcaldesa presidenta

