A Comisión de Goberno, en sesión de trinta e un de marzo de dous mil tres, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización dunha vía de nova apertura entre a avenida Médico Ballina e a rúa Leandro del Río Carnota promovido, mediante iniciativa particular, por Gran Patio, Sociedad Limitada, visado pola Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) en data 19-7-2001, e planos nº PLA 1, 4, 5 e SEC-1, con data de visado colexial de 1-4-2002, documentación que anula e substitúe a súa correlativa anteriormente presentada, toda ela redactada polos arquitectos Rogelio Pérez Conde e Antonio de Cominges Carvallo.
O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada
pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte ó daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes consonte a dereito.
Pontevedra, 10 de abril de 2003.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

