Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 10 de abril de 2003, adoptou o seguinte acordo:

«1º Aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por Arteplan, S.A. e recollido na documentación seguinte:

-Volume 1: estudio do medio rural.-Volume 2: memoria de planeamento.-Volume 3: normativa.-Volume 4: estudio económico-financeiro.-Volume 5: inventario do patrimonio cultural.-Volume 6: planos.-Volume: informe ás alegacións recibidas.

Coas seguintes modificacións.

-A) Deberá recollerse o sistema local viario interior dos seguintes polígonos:

SUR-PPI 5

SUR-PPI 6

SUR-PPI-7

-B) Deberá incluírse na ordenanza de solo de especial protección de augas, a ordenación do Plan

Hidrolóxico de Conca sobre edificacións en zonas inundables, vías de comunicación, protección de zonas húmidas, lagos e lagoas.

-C) Deberán concretarse os instrumentos de planemento vixentes e a data de aprobación definitiva destes nas seguintes obras.

-2. Ordenación volume esgotado.

-4. Torneiros Garda Civil.

-5. Residencial Torneiros 2.

-Estudio de detalle, cuarteirón 2b, parcelas, F.G.

-Plan parcial polígono As Gándaras.

-D) Deberá grafarse o sistema xeral aeroportuario no Plano 1-11.

-E) De conformidade co establecido no artigo 85.5º a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia exclúese da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal os seguintes terreos:

-Terreos do núcleo rural de Orbenlle, afectados pola delimitación Rede Natura.

-Terreos do solo urbano industrial do polígono industrial das Gándaras, desenvolvido no seu día polo Sepes.

-Terreos situados ó norte do núcleo de Orbenlle e ó leste da delimitación do Plan Parcial das Gándaras.

Solicitar da COTOPV, aclaración sobre a delimitación do espacio natural Gándaras de Budiño, incluído na Rede Natura.

-Ámbito do SUR-PPI: 8 Sector 3.

-Ámbito do SUR-PPI: 3.

F) Completa-lo informe de Estradas do Estado nos seguintes particulares:

-Na determinación da liña límite de edificación na estrada N-120, desde o límite do concello de Ponteareas ata o p.k. 654,500 (camiño de acceso ó Restaurante Manolo), que é de 25 m desde o bordo exterior da calzada.

-Na determinación da liña límite de edificación na estrada N-550, entre o p.k. 157,300 (Pontenova) ata o límite co concello de Salceda de Caselas, que é de 25 m do bordo exterior da calzada.

2º Resolve-las alegacións formuladas por persoas físicas e xurídicas durante o período de información pública, polos pronunciamentos e motivacións xurídico-legais que se expresan no tomo informe ás alegacións presentadas e demais informes incorporados ó expediente.

3º Dar cumprimento ó disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, publicando o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas no BOP.

Dar traslado á COTOPV dunha copia adverada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado con tódolos planos

que integran o plan xeral, debidamente dilixenciado polo secretario do concello».

O presente acordo esgota a vía administrativa e contra este plan poderá interpor directamente quen se considere lexitimado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nembargantes, tamén poderá interporse calquera outro recurso que o interesado considere procedente, consonte dereito.

De conformidade co disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, de bases de réxime local e no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a normativa e as ordenanzas do presente Plan Xeral de Ordenación Municipal publicaranse no BOP e non entrarán en vigor ata que transcorra o prazo de 15 días.

A documentación correspondente á aprobación defnitiva remitiuse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o luns, 12 de maio de 2003, con rexistro de saída nº 2.200.

O Porriño, 12 de maio de 2003.

Xosé Manuel Barros González

Alcalde