No BOP nº 70, do 26 de marzo de 2003, publícase a convocatoria, así como as bases xerais e específicas, para a provisión das prazas do cadro de persoal laboral que a seguir se relacionan, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2002, para prover polo sistema de concurso-oposición.
Número de prazas: 3. Denominación: peón. Grupo E.
Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes, no modelo que figura como anexo I das bases xerais e que se facilitará na Unidade Xeral de Xestión deste instituto. Presentaranse no Rexistro Xeral do Inludes ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.
Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria só se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de anuncios deste instituto.
Lugo, 8 de abril de 2003.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente
Faustino Martínez Fernández
Secretario

