Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 116 P.O.S. 2003 Cervantes C.P. Liber-S. Román, afirmado, terminación p.k. 3,60-5,02127.8004 mesesGrupo G)

Subgrupo 6)

Catagoría d)

Nº 228 P.O.L. 2003 O Incio-Saneamento en Saa, Pena e Barreiro102.172,069 meses

Non se esixe

Nº 297 P.O.L. 2003 A Pobra do Brollón-Saneamento abstº e servicios na entorna dos Medos para xeración de solo industrial180.303,639 mesesGrupo G),

subg. 6), categ. c)

Grupo E),

subg. 1), categ. c)

Nº 276 P.O.L. 2003 Baralla-traída de augas en Arroxo e nos Mazos60.2006 meses

Non se esixe

Nº 57 P.O.S. 2003 Navia de Suarna C.L. de Penasinceira por Pin a Mazaira e Paradela62.75212 meses

Non se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Excma. Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servivio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma da adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Excma. Deputación de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 26 01 67.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación necesaria: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes do proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigurosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A declaración da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Excma. Deputación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 9 de maio de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo