A Fundación Pública Hospital da Barbanza anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas do pacto colectivo sobre selección temporal de persoal facultativo das seguintes especialidades: anestesioloxía, pediatría, cirurxía xeral e dixestiva, xinecoloxía e obstetricia, traumatoloxía, radioloxía, medicina interna, dermatoloxía, nefroloxía, hematoloxía, análises clínicas, farmacia, dixestivo, rehabilitación, reumatoloxía, psicoloxía clínica, uroloxía, otorrinolaringoloxía e médicos de urxencias.
O texto completo do pacto poderá ser consultado na páxina web do Sergas, nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade, nas direccións provinciais do Sergas, na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e do Sergas e no taboleiro de anuncios da fundación.
Ribeira, 15 de maio de 2003.
Salustiano González Vinagre
Director da Fundación Pública Hospital
da Barbanza

