O Concello Pleno, en sesión realizada o día 29 de abril de 2003, acordou:
Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do sector C-1 do polígono industrial segundo o proxecto redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas por instancia de Inversiones Gabián, S.L.
Segundo.-Darlle cumprimento ó disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de
Galicia, publicando o acordo de aprobación definitiva no DOG e o documento que conteña a normativa e ordenanzas no BOP así como comunicalo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado.
San Cibrao das Viñas, 5 de maio de 2003.
Elisa Nogueira Méndez
Alcaldesa

