Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

No BOP de data do 29 de outubro de 2002, foi publicado anuncio relativo á convocatoria para prover, polo procedemento de libre designación, un posto de traballo vacante de xefe do servicio de contratación adscrito á área de réxime interno do Concello de Vigo, segundo acordo da Comisión Municipal de Goberno do 26 de agosto de 2002.

Publicado o oportuno anuncio no Diario Oficial de Galicia con data do 11 de decembro de 2002, abriuse prazo de presentación de instancias para participar na convocatoria, non presentándose ningunha solicitude, polo que a Comisión de Goberno Municipal, con data do 3 de febreiro de 2003, adoptou novo acordo para a provisión do dito posto, declarando deserta a primeria convocatoria, convocando unha nova, coas mesmas bases publicadas no BOP de data do 29 de outubro de 2002, e a seguinte modificación do punto requisitos necesarios para o seu desempeño (anexo I), que queda redactado como segue:

1. Titulación esixida: licenciado/a en dereito.

2. Formación específica: na apreciación dos méritos terase en especial consideración a debida acreditación de coñecemento relacionados directamente coa contratación administrativa, así como o desempeño de postos de responsabilidade na Administración pública, prioritariamente aqueles que estean relacionados con esta materia.

3. Requisitos indispensables esixidos:

-Ser funcionario de carreira encadrado no ámbito de aplicación da Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública, con praza en propiedade no grupo de titulación esixido (A) e dentro das escalas de Administración xeral ou Administración especial.

-Acreditar ter consolidado o nivel 26 de complemento de destino na data de presentación da instancia.

As solicitudes para participar nesta nova convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II das bases (BOP do 29-10-2002).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o alcalde-presidente do Concello de Vigo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 28/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de marzo de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde