Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 31 de marzo de 2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de aliñacións no paseo marítimo de Carril, redactado polo arquitecto Jesús Mª Diéguez Pazos e promovido por Sepa Arosa, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de vinte días, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 4 de abril de 2003.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde