A Comisión de Goberno, en sesión do 12 de maio de 2003, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da obra municipal beirrarúas e dotación de servicios en Casal (parroquia de Ouces), incluída no POS-2003, da Deputación Provincial.
1. Entidade adxudicataria:
a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Servicio de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: beirarrúas e dotación de servicios no Casal (parroquia de Ouces).
b) Lugar da execución: Ouces-Bergondo.
c) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 127.920,21 A.
5. Garantías:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral do Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.
b) Domicilio: estrada Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).
c) Teléfono: 981 79 12 52.
d) Fax: 981 79 42 33.
e) Data límite de obtención de documentos de información: ata as 13 horas do día sinalado como derradeiro para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.
b) Documentación que hai que presentar: en dous sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 12 e no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Bergondo, de 9 a 13 horas.
d) Prazo de validez da oferta: 3 meses, contados a partir da apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas: terá lugar na Casa do Concello, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate de presentación das proposicións, ás 13 horas.
10. Gastos de anuncios: tódolos gastos corresponentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.
Bergondo, 13 de maio de 2003.
José Fernández Ramos
Alcalde-presidente

