No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono 988 36 00 00.
Relación de obras:
-Construcción de acceso á Valenzá por Vilaescusa, con orzamento de 147.150 euros e prazo de execución de 4 meses. Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría d.
Barbadás, 9 de maio de 2003.
O alcalde
Rubricado

