Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Aprobado definitivamente o Plan Parcial SUE-4, de iniciativa particular, por instancia de Consuelo Saavedra Mato e herdeiros de Rodríguez Diéguez,

de conformidade co disposto no artigo 70.2º da LRBRL 7/1985, do 2 de abril, procédese a publica-lo acordo adoptado polo Pleno da Corporación o 25 de marzo de 2003:

3. Expediente do Plan Parcial de iniciativa particular SUE-4.

Sometida a votación ordinaria a proposta, tivo lugar o seguinte resultado:

Votos a favor: dezasete (17): quince (15) do PP e dous (2) do PSdeG-PSOE.

Votos en contra: ningún.

Abstencións: dúas (2) do BNG.

En consecuencia, aprobouse a proposta co seguinte acordó:

Visto que o expediente do Plan Parcial SUE-4 conta cos informes inicial e posterior vinculante da Xunta de Galicia, aprobación inicial polo Consello Pleno, exposición ó público sen alegacións; figura que se solicitou en data de novembro de 2002 informe ó Ministerio de Fomento e que por determinación do artigo da Lei de estradas queda emitido polo transcurso dun mes, e que as precesións do informe da Xunta de Galicia de data están realizadas cos anexos que constan no expediente, dos sistemas xerais de Galicia.

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan Parcial SUE-4 nas inmediacións da estrada de Lugo CN-640, de iniciativa particular, por instancia de Consuelo Saavedra Mato e herdeiros de Rodríguez Diéguez e redactado polo arquitecto Arturo Dapena Barros, documento visado polo Colexio Oficial de Arquitectos do 11-9-2002, e planos anexos visados de data 20-2-2003 e 19-3-2003.

Segundo.-Proceder a realiza-los trámites previstos na normativa vixente. De acordo co artigo 8 da Lei 7/1995, do 19 de xuño, de delegación de competencias, en coordinación co disposto na disposición transitoria terceira da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia 2/2002, do 30 de decembro, procederase a publica-lo acordo no DOG, o texto da normativa no BOP e a remitir unha copia do expediente e dous exemplares do documento á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Lalín, 14 de abril de 2003.

José Crespo Iglesias

Alcalde-presidente