Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle nunha parcela de solo urbano consolidado.

O Pleno do Concello de Narón en sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle nunha parcela de solo

urbano consolidado con fronte á avda. de Catalunya, promovido por Proyco Xuvia, S.L. e redactado polo arquitecto Xosé Lois Martínez Suárez.

O acto de aprobación definitiva do citado estudio de detalle foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 12 de marzo de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse, no BOP nº 73, do 29 de marzo de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do devandito estudio de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Narón no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Narón, 2 de abril de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde