No BOP da Coruña nº 75, do 1 de abril de 2003, publicáronse integramente as bases específicas da convocatoria para a provisión dunha praza de administrativo (persoal laboral fixo), vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros, e no BOP da Coruña nº 82, do 9 de abril, publicouse novo anuncio coas correccións de erros do primeiro.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
Oleiros, 10 de abril de 2003.
Mª José Varela Neira
Concelleira delegada de Persoal, Gobernación,
Consumo e Sanidade

