Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 64 de data 2 de abril de 2003, fanse públicas as bases para prover en propiedade unha praza de policía local, en quenda libre, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D, policía local.

Ábrese un prazo de 20 días naturais para presentar solicitudes, contados desde o seguinte día ó da inserción da convocatoria no BOE.

Ponteareas, 10 de abril de 2003.

Mª Nava Castro Domínguez

Alcaldesa