Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento

aberto (tramitación urxente) para contrata-la obra que se indica no punto 2, expóñese ó público polo prazo dos oito días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente, anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo de execución: acceso barrio igrexa en Tebra (obra nº 52 do PPC2003) cun orzamento de 63.689,63 euros (non se admiten baixas) e un prazo de execución de tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Fianzas. Provisional: non se esixe. Definitiva: 2.547,59 euros.

5. Obtención da documentación e información. Secretaría do Concello; praza do Seixo, 1, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01/fax 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: G-6-c, e os restantes requisitos e criterios de selección especificados no prego.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 horas (luns a venres) e das 11 ás 13 horas os sábados.

8. Apertura de ofertas: pola mesa de contratación e de conformidade co establecido no prego.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Tomiño, 15 de maio de 2003.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde