A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 10 de abril de 2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso da explotación dun vertedoiro de residuos de derrubas e da construcción, o cal se expón ó público por un prazo de catro días, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para que poidan presentar reclamacións.
Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, se ben as licitacións se aprobarán cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Xunqueira de Espadanedo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
A explotación dun vertedoiro de residuos de derrubas da construcción.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Garantías.
a) Provisional: 6.000 euros.
b) Definitiva: 12.000 euros.
5. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Xunqueira de Espadanedo.
b) Domicilio: praza dos Amigos, s/n.
c) Localidade: Xunqueira de Espadanedo, Ourense, C.P.: 32730.
d) Teléfono: 988 20 10 01.
e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.
6. Presentación de ofertas.
a) Data límite para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación.
c) Lugar de presentación: Concello de Xunqueira de Espadanedo.
7. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Xunqueira de Espadanedo.
b) Data: o día que convenientemente se sinale.
Xunqueira de Espadanedo, 11 de abril de 2003.
Ricardo González Lage
Alcalde

