Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: contratación do seguro da responsabilidade civil xeral da Deputación Provincial da Coruña.

Orzamento: 150.253 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: desde as cero horas do día 1 de xuño de 2003 ata as vintecatro horas do día 31 de decembro de 2004. O dito prazo poderá prorrogarse por outro ano máis.

Garantías: 4% do orzamento de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación dentro do prazo dos oito días naturais contados desde o seguinte a derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de maio de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña