No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de vestiario de traballo e equipos de protección para os servicios de vías e obras e agricultura desta deputación, con orzamento base de licitación de 14.000 euros para o lote 1; 3.200 euros para o lote 2; 2.800 euros para o lote 3; 4.500 euros para o lote 4; 5.550 euros para o lote 5; 6.800 euros para o lote 6; 8.000 euros para o lote 7; 1.250 euros para o lote 8; 3.000 euros para o lote 9; 3.500 euros para o lote 10, e 7.250 euros para o lote 11 (IVE incluído), mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 8º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran
no mencionado prego de condicións, que lle será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.
Ourense, 14 de maio de 2003.
José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense

