Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.615

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ANUNCIO do 13 de maio de 2003 pola que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal sanitario facultativo e non sanitario, conforme a Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia número 227, do 20 de novembro).

En cumprimento do establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, a Dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal sanitario facultativo, e non sanitario co fin de proceder á cobertura das prazas que máis abaixo se indican.

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección para a cobertura inicial dos seguintes postos de traballo: 2 prazas de especialista en anestesioloxía (Ref. ANR), 2 prazas de especialista en xinecoloxía (Ref. XIN), 1 praza de especialista en endocrinoloxía (Ref. END), 1 praza de especialista en medicina interna (Ref. MIR), 1 praza de especialista en otorrinolaringoloxía (Ref. ORL), 1 praza de especialista en oftalmoloxía (Ref. OFT), 1 praza de especialista en pediatría (Ref. PED), 1 praza de especialista en psiquiatría (Ref. PSQ), 1 praza de especialista en radioloxía (Ref. RAD), 1 praza de especialista en traumatoloxía (Ref. TRA), 1 praza de técnico superior en administración de sistemas informáticos (Ref. TSI), segundo as seguintes bases:

Titulacións: para as prazas de facultativos as correspondentes vía MIR ou equivalente. Para a praza de técnico superior en administración de sistemas informáticos, a titulación requirida será a de técnico superior de administración de sistemas informáticos ou técnico superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Experiencia e formación: para as prazas de facultativos puntuarase a formación posgrao e a experiencia vía MIR. Para a praza de técnico superior de administración de sistemas informáticos valorarase experiencia en sistemas e tecnoloxías da información en entidades públicas hospitalarias. Ademais valorarase experiencia e coñecementos nos seguintes aspectos: implantación, soporte e manexo de aplicativos corporativos catálogo Sergas, xestión e administración de plataformas UNIX e WINDOWS NT/2000/XP, e coñecementos avanzados en redes, bases de datos e paquetes de desenvolvemento.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado farase mediante contrato indefinido de acordo co disposto no Estatuto dos tra-

balladores e no convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas (DOG 16 de maio de 2002). Os facultativos encádranse no grupo 1 do dito convenio e terán un período de proba de seis meses. O técnico superior en informática encadra no grupo 7 do convenio e terá un período de proba de dous meses.

Procedemento de selección: articularase a través dunha proba eliminatoria sobre a especialidade profesional correspondente e posterior entrevista persoal con valoración de méritos relativos a formación e experiencia. A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coa suma das puntuacións outorgadas confeccionarase a lista final por orde de puntuación alcanzada por cada aspirante, resultando seleccionado o aspirante de máxima puntuación.

Se se considerase que os candidatos nalgunha das prazas non reunisen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Igualmente, se se modificase a necesidade de cobertura das citadas prazas, a Dirección da Fundación poderá modifica-lo número de prazas que haxa que seleccionar dentro de cada unha das categorías convocadas.

Inicio das probas: as probas no serán realizadas antes dun mes contado desde a data de publicación desta convocatoria no DOG.

Solicitude de participación: os aspirantes deberán remiti-lo seu curriculum vitae detallado, con acreditación documental dos méritos alegados, á Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, domiciliada en Paseo Marítimo, 15270 Cee, A Coruña, no prazo non prorrogable de 20 días naturais, contados desde o mesmo día da publicación deste anuncio no DOG, indicando no sobre a referencia correspondente, logo do pagamento da cantidade de 36 A para as prazas de facultativos e de 27 A para a praza de técnico superior en administración de sistemas informáticos, do que se achegará xustificante de pagamento en concepto de dereitos de exame, que se ingresarán na conta do Banco Santander Central Hispano, nº 0049-3563-12-2814021901.

Teléfono de información: 981 70 61 87.

Incorporación: a formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase segundo as necesidades dos correspondentes servicios do hospital.

Cee, 13 de maio de 2003.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital Virxe

da Xunqueira

INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO

ECONÓMICO