Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de protección, reforma interior e conservación do conxunto histórico-artístico (Peprica).

O Pleno da Corporación, en sesión do vintesete de febreiro de dous mil tres, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó texto refundido completo do instrumento de desenvolvemento do Plan xeral de ordenación urbana denominado Plan especial de proteción, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico-artístico (Peprica), redactado por este concello referido o ámbito do centro histórico de Pontevedra declarado conxunto histórico artístico por Decreto do 23-2-1951, en desenvolvemento do artigo 224 do vixente PXOU, contando cos informes preceptivos favorables das direccións xerais de Patrimonio Cultural e Urbanismo.

Segundo.-Notificar este acto administrativo ós interesados, participantes nos procesos de información pública e organismos interesados co ofrecemento do réxime procedente de recursos e publicalo no Diario Oficial de Galicia, con traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, e traslado doutros dous exemplares ós órganos centrais e delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Terceiro.-Dispoñe-la publicación das súas normas e ordenanzas no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de conformidade co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Cuarto.-Facer constar expresamente que as alegacións formuladas foron estimadas ou desestimadas en función da finalidade do planeamento aprobado, fundamentalmente a protección do patrimonio cultural, potestade de planeamento municipal e esixencias de ordenación xurídica de aplicación e dos parámetros establecidos pola Administración competente na defensa do patrimonio cultural, considerando o documento como un todo coherente, consonte os informes técnicos e dictames da CIMU que consta no expediente, significándose expresamente que a resposta razoada concreta de cada alegación, ficha específica do inmoble, planos de ordenación e detalles e demais parámetros urbanísticos poderán ser consultados e obter copias, polos alegantes, na Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística,

sita na rúa dos Churruchaos nº 2, de luns a venres en horario de oficina.

O que se fai público para a súa executividade, de conformidade cos preceptos sinalados, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa e contra a disposición xeral, aprobada definitivamente, poderase interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º 6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito, significando que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 19 de maio de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral