Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: a subministración, en réxime de leasing dun tractor e rozadora ventral con destino a brigada municipal de vías e obras.

Tipo de licitación: establécese un tipo de licitación de 92.500 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: establécese un prazo de entrega dos bens dun mes, contado desde o día seguinte ata a data de recepción da notificación de adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe homónimo do prego de condicións económico-administrativas.

Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación: 1.850 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde