Apertura de prazo para a presentación de solicitudes para xuíz de paz substituto de Trabada.
Poderán presentar solicitudes para a provisión do posto de xuíz de paz subtituto, de conformidade co disposto no artigo 102 da Lei orgánica do poder xudicial, as persoas que reúnan os requisitos esixidos no artigo 302 da citada lei (ser español e maior de idade), coas limitacións que se establecen no artigo 303 como causas de incapacidade.
Á solicitude, que será facilitada nas oficinas municipais, unirase a seguinte documentación:
1. Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.
2. Certificación expedida polo Rexistro de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1.a).
3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
A solicitude e documentación mencionadas deberán ser presentadas nas oficinas municipais dentro do prazo de quince días contados desde o día seguin
te ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Trabada, 28 de abril de 2003.
José Manuel Yanes Ginzo
Alcalde

