1. Obxecto do contrato, referencia ó proxecto e necesidades administrativas que se van satisfacer: subministración de vestiario do persoal para o ano 2003.
2. Procedemento e forma de adxudicación: concurso aberto.
3. Orzamento de licitación máximo: 18.030,361 euros.
4. Financiamento: partida 221.04.00. Vestiario persoal.
5. Revisión de prezos: non haberá lugar á revisión de prezos.
6. Forma e contido da proposición: a que figura na cláusula XVIII do prego de condicións administrativas, que se atopa á disposición dos licitadores no rexistro xeral do Concello de Vigo.
7. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo, das 9 ás 13 horas, ou por correo na forma determinada legalmente no prazo de 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
8. Lugar, data e hora de apertura de plicas: na Casa do Concello de Vigo, ante a mesa de contratación de Vigo-Zoo, o 1º martes seguinte o día en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 10 horas. Se coincidise en día non hábil o de apertura de plicas, ou se por causas de forza maior non se puidese realizar, este terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Criterios de selección.
-Calidade do vestiario ofertado: ata 6 puntos.
-Menor prezo ofertado: ata 3 puntos.
-Reducción do tempo para efectua-la subministración: ata 1 punto.
Total: 10 puntos.
10. Prazo contractual: o contrato outorgarase por un ano.
11. Garantías.
-Garantía provisional: non se esixe.
-Garantía definitiva: o 4% do prezo do contrato.
12. Clase de contrato.
Administrativo.
13. Importe máximo de gastos de publicidade da licitación: o adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación, e os de adxudicación ata un importe máximo de 600 euros.
14. Órgano outorgante: Consello de Administración do organismo autónomo Vigo-Zoo.
Vigo, 11 de abril de 2003.
Amador Fernández Fernández
Presidente do organismo autónomo municipal
Vigo-Zoo

