Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.792

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza, para lles dar cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación da seguinte subministración:

-Contratación da subministración sucesiva de reactivos de laboratorio e banco de sangue da fundación (ref. CSU 002/2002).

Lote I. Bioquímica de urxencias: 26.117,54 euros.

Lote II. Hematoloxía de urxencias: 32.134,16 euros.

Lote III. Marcadores cardíacos: 18.882,99 euros.

Lote IV. Gasometrías: 16.490 euros.

Lote V. Coagulación: urxencias e controis de anticoagulación: 22.197,19 euros.

Lote VI. Banco de sangue: 12.580,12 euros.

Lote VII. Sistemáticos de urina: 3.372,12 euros.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do día 13 de xuño de 2003 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, lugar de Salmón-Oleiros, s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) das 9 ás 14 horas, e consultar na páxina www.sergas.es.

Poderán presentarse ofertas ata as 14 horas do día 10 de xuño de 2003.

Ribeira, 16 de maio de 2003.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital

da Barbanza